Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello organiza charlas informativas sobre a SIDA para adolescentes

Oleiros, 28 de novembro de 2011-. O Concello de Oleiros, a través da Concellería de Educación e Xuventude, organiza ao longo desta semana varias charlas pedagóxicas sobre a SIDA coincidindo coa celebración do día mundial desta enfermidade. Estas charlas están orientadas a escolares dos IES do municipio. Ademais dos simposios, o Concello instalará nos centros stands informativos sobre o VIH, as relacións sexuais e outros temas relacionados co contaxio desta síndrome.

Nesta actividade participan, xunto aos educadores do programa de educación sexual de Oleiros, membros de Sociedade Galega Interdisciplinaria da SIDA. As súas intervencións centraranse principalmente nos métodos anticonceptivos, a infección de VIH/SIDA, a percepción de risco nas prácticas sexuais e o respecto e a tolerancia ás persoas con ETS.
 

back link