Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello inviste 6.500 euros en mellorar a seguridade viaria nas inmediacións do IES Miraflor

Oleiros, 25 de abril 2014-. O Concello mellorou a seguridade viaria nas inmediacións do IES Miraflores, na localidade de Oleiros, unha zona de particular tránsito de peóns debido a situación deste centro de ensino. Os traballos consistiron na creación dun paso elevado onde estaba a antiga zona de paso de peóns. Así mesmo instalouse nova sinalización vertical para advertir a presenza de peóns en ambos sentidos de circulación e renovouse o pavimento, así como parte da beirarrúa. Ademais, o Concello cambiou de situación os contedores e pintou unha zona amarela para impedir estacionamentos que dificulten a visibilidade. O investimento total nestes traballos foi de 6.500 euros. Estes traballos forman parte do plan de mellora da seguridade viaria que O Goberno local de Oleiros leva a cabo nas vías da súa titularidade, de forma especial nas inmediacións dos centros de ensino.

back link