Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello esixe a Augas de Galicia que repare a fochanca causada polo río Valiño na rúa Fiande

Oleiros, 30 de novembro de 2011-. As augas caídas ao longo dos últimos días causaron a rotura do muro do dique do leito do río Valiño cortando parte da rúa das Fiandeiras. O Concello de Oleiros demandou a urxente actuación de Augas de Galicia sen que ata a data se tomasen as medidas necesarias por parte deste organismo, o que está causando novos desprendementos polas constantes crecidas do leito fluvial.

Estes desprendementos contribúen ao aumento de tamaño da fochanca de máis de seis metros de longo que se atopa na vía e que entraña gran perigo para o elevado número de veciños e veciñas que diariamente transitan por esta rúa. O Concello de Oleiros solicitará novamente a Augas de Galicia a inmediata actuación nesta vía para evitar novos desprendementos, maiores gastos de reparación no futuro e posibles desgrazas persoais polo alto risco.
 

back link