Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello demándalle á Xunta que corte os plumachos da vía Ártabra

Oleiros, 21 de xuño de 2019-. O Concello de Oleiros vai solicitar por escrito á Xunta de Galicia que corte os plumachos que se atopan ao longo de toda a vía Ártabra, desde a N-VI ata Lorbé. Dado que aínda non se atopan en flor, este é o mellor momento para eliminalos, para reducir as posibilidades de contaminación.

“A Xunta de Galicia e a Deputación teñen que obrigar ás empresas que teñen contratadas para a limpeza das estradas a que realicen a roza de plumachos agora, porque non teñen flor. Se esperan un par de meses o que van facer é espallalos aínda máis, porque cada flor do plumacho ten centos de sementes e cando os cortan, ao non limpar as máquinas, o que acaban facendo é espallar aínda máis esta peste, que pode acabar coa flora de Galicia”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

back link