Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros subvencionará ás entidades deportivas con 97.000 euros

O Concello de Oleiros ten aberta a convocatoria de subvencións destinada ás entidades deportivas locais sen ánimo de lucro, co propósito de apoiar e promover actividades deportivas ao longo do ano 2025. O importe total a repartir entre os colectivos solicitantes ascende a 97.000 euros.

Esta iniciativa busca impulsar a práctica deportiva en xeral, facendo especial fincapé no deporte de base. Tamén pretende reforzar o rendemento deportivo, favorecer a presenza en competicións de nivel avanzado e dinamizar a actividade dos clubs e asociacións deportivas que operan no ámbito municipal de Oleiros.

As entidades interesadas deberán ser sen ánimo de lucro e estar inscritas no Rexistro Municipal de Entidades do Concello de Oleiros con data anterior ao 31 de decembro de 2024. As solicitudes poderán presentarse a través da Sede Electrónica ata o próximo venres 22 de agosto. 

Ademais, o Concello de Oleiros tamén colabora coas entidades deportivas poñendo á súa disposición, de maneira gratuíta, as instalacións necesarias, así como diverso material de apoio para eventos e competicións. 

SOLICITUDES

back link