Hemeroteca

Asset Publisher

Back O Concello de Oleiros apoia a manifestación feminista convocada para o domingo

Oleiros, 4 de marzo de 2020-. O Concello de Oleiros apoia a manifestación e todas as demais mobilizacións e actos que vaian ter lugar o vindeiro domingo 8 de marzo, Día Internacional da Muller, para reivindicar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, corrixindo as desigualdades existentes e rexeitando calquera discurso que poida supoñer unha volta atrás. Desde o Concello ínstase a todas as veciñas e veciños a sumarse a este compromiso para que todas as persoas manteñan unha actitude e un discurso de acordo aos principios de igualdade entre homes e mulleres, principalmente nos roles do día a día.

 
O Concello de Oleiros seguirá a promover iniciativas que contribúan á consecución dun marco máis igualitario a todo os niveis entre mulleres e homes na sociedade. É necesario reivindicar a igualdade de oportunidades nas condicións de traballo e na esfera social, ademais do dereito a vivir sen violencias. 
 
O colectivo GALEGAS 8-M ten convocada para o vindeiro domingo 8 de marzo unha manifestación na Coruña, ás 12:00 horas no Obelisco. O Concello de Oleiros anima a todos os veciños e veciñas a participar neste acto.
back link