Oleiros, 01 de agosto de 2016-. Para axilizar a ampliación da estrada provincial que conecta Mera coa vía Ártabra, unha técnica municipal visitará durante estes días ás persoas propietarias de terreos que lindan con esa estrada para informar e tramitar as correspondentes cesións de terreo precisas para realizar as obras. Ante as demoras que poderían derivarse do proceso de expropiación iniciado pola Deputación da Coruña, o Goberno local decidiu actuar como xa fixo anteriormente noutras zonas do municipio.
Tan pronto como os terreos pasen a disposición municipal, a Deputación da Coruña abordará estas importantísimas obras para Mera. O proxecto, que xa está aprobado pola Deputación da Coruña, contempla a creación de beirarrúas e a ampliación da estrada, que pasará a ter 7 metros de ancho.