Oleiros, 13 de outubro de 2011-. O Concello de Oleiros organiza para este sábado día 15 de outubro o pase da obra teatral American Café. O espectáculo, ideado polo dramaturgo M. Rouabhi, será interpretado pola compañía Teatro Morcego e contará coa dirección artística de Celso Parada. A función terá lugar no auditorio Gabriel García Márquez de Mera a partir das 20.30 horas. As entradas, que teñen un custo de 3,5 euros, poñeranse á venda a partir das 19.30 horas. O espectáculo é para maiores de 12 anos e a súa duración aproximada é de 90 minutos.
A historia, ambientada na América profunda, desenvolvese nun bar preto da fronteira mexicana. Os que o frecuentan refán a historia cada día, sufocados pola calor, por aburrimento e por delirios xenófobos. O seu universo é o da televisión e o alcohol. Alí viven só algúns marxinais: un vello negro, un vendedor de polo fritido, unha fermosa camareira que espera o amor. Un día, Larry Stocker, o célebre animador de Talk-Show atravesa a porta.