Hemeroteca

Asset Publisher

Back O 17 de agosto remata o prazo de presentación da documentación das subvencións para entidades

Oleiros, 26 de xullo de 2016-. O Concello de Oleiros abriu a convocatoria de subvencións  para entidades locais para a promoción e difusión da cultura e do deporte para este ano 2016. En total repartiranse 254.000 euros. As bases completas  atópanse expostas no taboleiro de anuncios do Concello de Oleiros  e na web municipal.

O obxectivo desta convocatoria é a promoción e impulso de actividades culturais, educativas, deportivas e xuvenís. Poden concorrer a estas axudas todas as entidades veciñais, deportivas, culturais, xuvenís, ANPAS e outros colectivos  sen ánimo de lucro que figuren inscritos no Rexistro Municipal de Entidades do Concello de Oleiros, así como os centros de ensino público. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o próximo 17 de agosto
 

back link