Hemeroteca

Asset Publisher

Back Inauguración da exposición de pintura “Pinto que teño que pintar” do Taller de Polo

O mércores 16 de outubro ás 20:00 h inaugúrase na Fábrica a mostra colectiva de pintura Pinto que teño que pintar do Taller de Polo.

A mostra componse dunha mestura de obras do alumnado máis novo e de artistas xa consolidados, pasando por aquelas persoas que comezan a súa traxectoria cos pinceis, a pintura e as diferentes técnicas pictóricas. 

A exposición permanecerá desde o 16 ao 30 de outubro na entrada da Fábrica. O horario de apertura ao público será de luns a venres de 9:00 a 15:00 horas e de 17:00 a 21:30 horas e os sábados de 10.00 a 13.30 horas.

back link