Oleiros, 11 de xuño de 2012-. O Concello de Oleiros comeza hoxe luns día 11 de novembro a primeira campaña anual de limpeza de vías e camiños de titularidade municipal. Durante os traballos mobilizaranse cinco tractores que traballarán de forma simultánea. Dous farano de sur a norte, outros dous de norte a sur e un quinto comezará pola zona centro do municipio. En total limparanse un total de 130.000 metros lineais.