Oleiros, 14 de marzo de 2022-. A vindeira fin de semana continúan as actividades do Apego coa festa de contos de Iria Pinheiro, unha contada poética e alegre baseada no teatro de obxectos. O espectáculo está dirixido a nenos e nenas maiores de 3 anos.
O espectáculo será o domingo 20 de marzo ás 12.00 h, no Auditorio da Fábrica. As familias interesadas en acudir poden preinscribirse na web municipal.