Oleiros, 7 de agosto de 2020-. Ás 12.00h convocouse unha concentración diante de todos os concellos da provincia contra a denominada Lei Montoro.
O Goberno municipal de Oleiros concentrouse ante a casa Consistorial para defender a liberdade de uso dos remanentes dos Concellos e para denunciar que os cartos das administracións locais non son do Estado.
A convocatoria, aprobada no Pleno da Deputación Provincial da Coruña tras unha moción presentada por Alternativa dos Veciños, foi respaldada por outros grupos municipais.