Hemeroteca

Asset Publisher

Back As escolas municipais de música e danza de Oleiros celebran o seu Festival de Nadal

Oleiros, 15 de decembro de 2016-. Como celebración e felicitación destas datas, as escolas municipais de Oleiros levarán a cabo este sábado 17 de decembro  un Festival de Nadal  no Auditorio Gabriel García Márquez. Todos aqueles veciños e veciñas que o desexen poderán pasar unha fin de semana cheo de paixón e ledicia da man da música e a danza dos alumnos e alumnas das nosas escolas.

Ás 12:30 h aqueles e aquelas amantes da música poderán gozar das magníficas actuacións das agrupacións da Escola Municipal de Música tales como a colectiva de acordeóns, colectiva de guitarras, coro de voces brancas, Big Band, coros e orquestra sinfónica. Ás 19:00 h apaixonados e apaixonadas pola danza poderán gozar da espectacular actuación da sección de danza moderna co “Collage musical” e da sección de Danza Clásica, que nos deleitará unha vez máis coa súa representación de “A Bela e a Besta”.

PROGRAMA

back link