Hemeroteca

Asset Publisher

Back Aberto o prazo de renovación de matrículas nas escolas municipais artísticas finaliza o 22 de m

 Oleiros, 1 de marzo de 2021-. As escolas municipais de danza, música e teatro teñen aberto o prazo de renovación de matrículas para os alumnos e alumnas que xa están matriculados. O novo alumnado poderá facer a preinscrición do 12 ao 22 de abril.

 
Para realizar a renovación, todo o alumnado recibirá un formulario para envialo por correo eletrónico ou entregar nas respectivas escolas. Para calquera dúbida ou consulta, as persoas interesadas deberán dirixirse ao correo ensino@oleiros.org ou tamén poderán chamar ao teléfono 981 639 688 do Centro Municipal de Artes Escénicas ou ao 981 639 143 da Escola Municipal de Música.
back link