Hemeroteca

Asset Publisher

Back A Xunta só contempla a creación dunha parte comedor escolar no Colexio Valle Inclán

Oleiros, 19 de agosto de 2016-. A Xunta de Galicia tan só vai construir unha parte do comedor escolar que precisa o recinto escolar de Perillo. O Concello de Oleiros non consentirá que esta obra se faga a medias e lle esixirá á Xunta a creación dun espazo digno para que os nenos non teñan que seguir comendo en galpóns.

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, explicou esta mañá que o Concello xa lle ofrecera un solar á Xunta de Galicia para a construción dun comedor. “Estamos a favor de que se faga esta obra, pero o que non imos consentir é que se faga a medias. Os nosos nenos non poden comer en chabolas e o que se vai facer de pouco servirá”, dixo García Seoane.

A Xunta de Galicia comezou recentemente as obras de construción dun comedor no Colexio Valle Inclán. Malia tratarse dunha propiedade municipal, o organismo autonómico non solicitou ningún tipo de permiso no Concello de Oleiros. O proxecto que están levando a cabo tan só contempla a construción dunha parte do comedor nos soportais do colexio, polo que terán que seguir empregándose os galpóns.
 

back link