Oleiros, 18 de xuño de 2012-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, anunciou esta mañá que a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia comunicou o pasado venres que o centro de saúde de Santa Cruz será recepcionado polo goberno autonómico antes de que finalice este mes. A recepción deste punto de atención primaria dilatouse no tempo e acumula un retraso de dous anos.
A Consellería anunciou que a recepción se realizará de forma conxunta con outros centros situados en diversas localidades de Galicia. García Seoane mostrou a súa satisfacción por esta comunicación da Xunta e asegurou que a recepción se faga efectiva nos próximos días.