Hemeroteca

Asset Publisher

Back A sinatura dun convenio con propietarios de solo en Mera permitirá ao Concello habilitar unha g

Oleiros, 23 de xullo de 2012-.  O Concello de Oleiros asinou esta mañá un convenio cos propietarios dun terreo situado en Mera, nun ámbito urbanístico que comeza a desenvolverse. Este acordo inclúe a cesión anticipada dun solo situado na rúa Curros Enríquez e permitirá ao Goberno local habilitar de inmediato unha extensa zona de aparcamento que aliviará a saturación de vehículos que sofre a localidade durante o período estival. O novo aparcamento atópase a escasos 500 metros do areal de Mera e a zona para aparcar terá unha extensión total que se aproxima aos 5.000 metros cadrados.

back link