Oleiros, 9 de marzo de 2022-. Todos os veciños e veciñas de Oleiros dispoñen dunha oitava biblioteca pública no Pazo de Lóngora –rúa Casares Quiroga-. O horario de apertura de luns a xoves é de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas. Os venres abre de 9:00 a 14:00 horas.
Este novo espazo cultural público conta con máis de 27.000 recursos bibliográficos sobre educación ambiental e medio ambiente que están a disposición de estudantes, investigadores/as e toda a cidadanía interesada. Para obter máis información é posible dirixirse ao CEIDA: 981 630 618 e documentacion@ceida.org.
O Concello finalizou recentemente as obras de adecuación das antigas cortes do Pazo de Lóngora para poder crear esta biblioteca e centro de documentación medio ambiental. A obra foi financiada integramente pola Fundación Amancio Ortega con 260.000 euros.