Oleiros, 22 de xullo de 2016-. A exposición fotográfica “Refuxiados sen camiño” do fotoxornalista Gabriel Tizón continúa aberta ao público durante os vindeiros días no Parque José Martí de Perillo. Trátase dunha serie de imaxes tomadas durante cinco viaxes nos que o autor amosa as penurias ás que se teñen que enfrontar os milleiros de persoas que se ven obrigadas a escapar dos seus países polas guerras creadas polo gobernos terroristas de occidente.
A mostra está formada por un total de 24 paneis. Gabriel Tizón explicou que con esta mostra pretende “darlle voz aos protagonistas desta traxedia, porque nun mundo como o actual os protagonistas para os medios sempre son outros, aqueles que manexan os medios, as empresas e os negocios da miseria e da fame”.
Con esta iniciativa o Goberno municipal continúa coas reivindicacións dunha situación que persiste, a pesar do silenzo mediático. “Eu digo para min, coidado cos simbolismos. Seguen falecendo centos de nenos no mar que non teñen foto e continúa habendo centos de pais e nais que seguen a recibindo patadas e non teñen vido”, dixo o autor da exposición.