Oleiros, 11 de abril de 2014-. O auditorio Gabriel García Márquez de Mera acolle mañá sábado 12 de abril ás 20:30 horas o espectáculo de maxia “Asombrosamente increíble”, de Luis Boyano. Trátase de unha actuación onde o humor e a maxia xiran arredor de xogos, efectos de adiviñación, escapismo, etc. A duración aproximada é de 60 minutos e o prezo da entrada de 2,5 euros.