Hemeroteca

Asset Publisher

Back A Deputación aprobará no vindeiro pleno o convenio de financiamento do carril bici de Santa Cru

Oleiros, 18 de xullo de 2016-. O próximo pleno da Deputación da Coruña, que se celebrará o vindeiro 29 de xullo, aprobará o convenio para financiar a construción da última fase do carril bici de Santa Cruz a Mera, que ascende a 1.057.000 euros. As obras comezarán a finais do verán.

O proxecto contempla o acondicionamento definitivo e asfaltado das explanacións que se están a realizar desde Arillo ata Mera, así como a construción dos tramos inexistentes que quedan pola marxe esquerda da estrada desde Augarrío ata a casa do pobo de Dorneda.

As obras que se están a realizar desde hai semanas entre Arillo e Mera corresponden á primeira fase deste proxecto. O Concello está a levar adiante a obra con fondos municipais (900.000 euros), malia que sería a Xunta de Galicia a administración que debería realizar a obra por ter a titularidade sobre esa estrada. Os veciños e veciñas cederon gratuitamente os terreos para que a creación deste paseo fose posible.
 

back link