Hemeroteca

Asset Publisher

Back A biblioteca de Lorbé abrirá o próximo día14 tras a súa reforma integral

Oleiros, 5 de decembro de 2011-. O Concello de Oleiros reabriirá o próximo día 14 a biblioteca municipal de Lorbé tras a reforma integral deste equipamento tras levada a cabo ao longo das últimas semanas. Esta obra permitiu duplicar a superficie da sala de lectura  e Con incrementar considerablemente o número de puntos de lectura. Ademais,  dotouse a sala dun espazo diáfano no que se poden levar a cabo sesións de conta-contos ou actos doutra índole.
 
A biblioteca municipal de Lorbé foi equipada durante as obras cun novo sistema eléctrico que permitiu a instalación de luminarias de alta eficiencia, o que deparará un considerable aforro enerxético. Por outra parte, mellorouse o sistema de calefacción e o illamento térmico que proporciona unha maior comodidade.  O investimento municipal superou os 20.000 euros. Estes traballos de mellora leváronse a cabo co persoal de Servizos Municipais, do mesmo modo que se fixo na obra de renovación da biblioteca da casa do pobo de Nós, o que permitiu un importante abaratamento da obra e axilizou a realización dos traballos.
 

back link