Oleiros, 16 de agosto de 2016-. A exposición fotográfica “Refuxiados sen camiño” do fotoxornalista Gabriel Tizón estará dispoñible no Parque José Martí de Perillo ata o vindeiro domingo 21 de agosto. Todas as persoas que aínda non visitaran esta magnífica mostra poderán facelo ao longo desta semana.
“Refuxiados sen camiño” amosa unha serie de imaxes tomadas durante cinco viaxes nos que o autor amosa as penurias ás que se teñen que enfrontar os milleiros de persoas que se ven obrigadas a escapar dos seus países polas guerras creadas polo gobernos terroristas de occidente.
Con esta iniciativa o Goberno municipal continúa coas reivindicacións dunha situación que persiste, a pesar do silenzo mediático. “Eu digo para min, coidado cos simbolismos. Seguen falecendo centos de nenos no mar que non teñen foto e continúa habendo centos de pais e nais que seguen a recibindo patadas e non teñen vido”, comentou o autor da exposición.