Presentación Persoal

Presentación

 A área de Persoal e RR.HH. do Concello de Oleiros ten como obxectivo primordial a xestión íntegra dos recursos humáns e a xestión daquelas demandas externas en orde á participación en procesos de selección de persoal.

A súa ubicación reside na planta baixa do edificio situado no parque Víctor Jara nº 1 e o seu horario de funcionamento é de luns a venres de 08:00 horas a 15:00 horas.

DESTACADOS

Atrás Unha praza de auxiliar de servizos varios (persoal laboral temporal)

Publicouse unha demanda no Servizo Público de Emprego de Galicia (datos da oferta 12-2025-9974) para a contratación laboral temporal dun/ha auxiliar de servizos varios

As persoas interesadas poderán presentar unha solicitude acompañada do seu currículum vitae e do seu DNI no rexistro do Concello (en horario das 8.30 ás 14.00 h) durante os días 29, 30 e 31 de outubro de 2025, ou sumarse a esta demanda en curso a través do Servizo Público de Emprego de Galicia. Deberán estar en posesión da titulación mínima de certificado de escolaridade ou equivalente e do permiso de conducir da clase B. Non é necesario o pago de taxas por dereitos de exame.

Tamén poden presentar as solicitudes a través da sede electrónica (inscrición en procesos selectivos) ou dos medios recollidos na Lei 39/2015 de procedemento administrativo común.