Asset Publisher

Back XII Concertos pedagóxicos

 “ O SOLDADIÑO DE CHUMBO”

 O soldadiño de chumbo é un conto de fadas do escritor e poeta danés Hans Christian Andersen(1805-1875), famoso polos seus contos para nenos/as. Foi publicado por primeira vez o 2 de outubro de 1838. Un neno recibe un conxunto de soldadiños de chumbo nunha caixa. Un deles só ten unha perna, pois non había suficiente metal para darlle forma completa e terminalo. Preto de onde é pousado, atópase unha fermosa bailarina de papel; tamén está de pé sobre unha perna e o soldadadiño de chumbo namórase dela. Pero pola noite, un trasgo negro aparecido dunha caixa de sorpresas prohíbelle que a mire. O soldado ignóralle e o trasgo ameázalle con vingarse, o cal se produce cando, ao día seguinte, o soldado cae dunha fiestra e vai parar á rúa. Dous nenos atópano e sitúano nun barco de papel que é tragado por un sumidoiro e máis tarde por un peixe. O peixe é capturado e posto na mesa, asombrosamente, na mesma casa da que saíra. O soldado está alegre por poder volver ver á bailarina, pero inexplicablemente, o neno arróxao de súpeto ao lume da cheminea. Ao mesmo tempo, un refacho de vento lanza tamén á bailarina ás chamas e ambos se consomen nelas á vez. Cando ao día seguinte unha criada limpa a cheminea, descobre que o soldado converteuse nunha figura en forma de corazón.

 Obxecto do concerto  

Mostrar o relevante papel da música en xeral e en particular, a música clásica, para xerar impresións, motivacións, sentimentos e reaccións como parte fundamental das representacións das artes escénicas conxugando, neste espectáculo “ O soldadiño de chumbo”, narrativa, danza e música nun único espectáculo.

 Contidos

Interpretación de pezas musicais de “ O Crebanoces” de I. Tchaikovsky, arranxadas para quinteto , como fondo musical que motivará a fantasía do público sempre en concordancia co discurso da narrativa e a representación plástica da danza.

Os bailaríns poñerán en escea aos personaxes da historia, ao tempo que a música fará fuxir a nosa imaxinación.

 Destinatarios  

Participarán un total de 1315 nenos e nenas do CEIPs de Oleiros, o que supón o 95,64% de toda a poboación de EP dos CEIPs.

 Datas

Realizaranse catro representación, repartidas entre o día 1 e 2 de marzo a dúas sesións por día.

 Concerto I:

Centro

ceip luis seoane

1º+2º EP

ceip parga pondal

1º+2º+4ºB EP

ceip a rabadeira

1º EP

ceip valle-inclán

1º EP

Data

1 marzo

1 marzo

1 marzo

1 marzo

Horario concerto

10,30-11,15 h

10,30-11,15 h

10,30-11,15 h

10,30-11,15 h

 Concerto II:

Centro

ceip parga pondal

3º EP

ceip luis seoane

3ºEP

ceip a rabadeira

2º+3º EP

ceip valle-inclán

2º+3º EP

Data

1 marzo

1 marzo

1 marzo

1 marzo

Horario concerto

12,15-13 h

12,15-13 h

12,15-13 h

12,15-13 h

 Concerto III:

Centro

ceip luis seoane

4º EP

ceip a rabadeira

4º EP

ceip parga pondal

4ºA +5º EP

ceip valle-inclán

4º+5º EP

Data

2 marzo

2 marzo

2 marzo

2 marzo

Horario concerto

10,30-11,15 h

10,30-11,15 h

10,30-11,15 h

10,30-11,15 h

 Concerto IV:

Centro

ceip parga pondal

6º EP

ceip luis seoane

5º+6º EP

ceip a rabadeira

5º EP

ceip valle-inclán

6º EP

Data

2 marzo

2 marzo

2 marzo

2 marzo

Horario concerto

12,15-13 h

12,15-13 h

12,15-13 h

12,15-13 h