A preinscrición telemática debe realizarse obrigatoriamente na web municipal www.oleiros.org, na sede electrónica (non é necesario estar rexistrado/a). O prazo de preinscición abrirase a partir das 10:00 horas do día 10 de maio do 2021.
Admitirase unha única solicitude por persoa empadroada e nela podrá marcarse ata tres a actividades. Se alguén presenta máis dunha solicitude co mesmo nome a través da sede electrónica darase como válida a última presentada.
É importante gardar o número de inscrición xa que as diferentes listaxes virán relacionadas por esta numeración.
- Folleto de actividades de verán 2021: preme aqui.
- Paxina web de preinscrición: preme aquí