Noticias

Noticias

Atrás Volven as actividades do Apego esta fin de semana

Comezan de novo os espectáculos do proxecto Apego para aquelas familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos. Un programa que promove o uso da lingua e a transmisión interxeracional a través de diferentes actividades como concertos, teatro, xogos...


Este sábado, 12 de febreiro, ás 18.00 h, os nenos e nenas poderán gozar da obra A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza, da Xanela do Maxín, no Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera.
Unha obra simpática e escatolóxica que provoca gargalladas e fai que os espectadores empaten coa toupiña que quería saber, ferida no seu orgullo. 
A toupiña saía do seu tobo e algo lle caeu na cabeza, a modo de pucho cheirento. Daquela, percorrerá a granxa investigando -moi indignada- cal dos animais que alí viven lle fixera semellante agravio: a pomba, o cabalo, a lebre…
Esta obra está baseada no popular libro homónimo de Werner Holzwarth e Wolf Erlbruch, que foi traducido a numerosos idiomas e que encanta ás crianzas.
A obra de teatro está recomendada para maiores de 2 anos. As familias interesadas en acudir, poden preinscribirse a partir do luns, 7 de febreiro, ás 10.00 horas a través do seguinte enlace: https://forms.gle/W3gwqTKmdNJEQrxU8. Só estarán inscritas as persoas que reciban o correo de confirmación ao longo da semana.