Este luns 22 de novembro abre o prazo para inscribirse no concerto de Paco Nogueiras que terá lugar este domingo 28 de novembro ás 12.00 h no Auditorio Gabriel García Márquez.
DOBRE EXTRA! é un espectáculo baseado no libro-cd “Extra!” editado por Kalandraka Editora, na que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos. Chega o “xornal musical” que Paco Nogueiras e Marc Taeger idearon para compartir con todas e todos vós. En DOBRE EXTRA! a imaxe e o son van da man. Os temas dispóñense en distintas seccións onde cada composición e cada debuxo tratan noticias nacionais e internacionais, sucesos, información social, cultural e divulgativa, deportes, opinión, pasatempos e ata unha axenda de actividades.
A entrada é gratuíta, mais hai que inscribirse a través do formulario habilitado: https://forms.gle/SLiNsS4QmMRvL74Z9. Está recomendado para maiores de 2 anos e terán preferencia as persoas inscritas no Apego de Oleiros os dous primeiros días de inscrición.