Novas

Asset Publisher

Back Os sons do vento que pasa estará este venres 31 de outubro na Fábrica

Este venres 31 de outubro, ás 21.00 horas, na Fábrica, a Secretaría Xeral de Política Lingüística organiza a través da Rede de Dinamización Lingüística e coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do Concello, un concerto de fados en galego.

Gonçalo Guerreiro presenta o concerto Os sons do vento que pasa. As cantigas, acompañadas á guitarra eléctrica e pedal de loops, gardan o seu encanto orixinal, pero gañan unha dimensión contemporánea e singular que seduce tanto aos mozos como aos maiores.

O espectáculo vese enriquecido pola participación dixital e musical de Dani Pais que desde o seu ordenador engade atmosferas sonoras e sedutores xogos de iluminación. O espectador mergulla nun universo rítmico e melódico que viaxa do divertimento á nostalxia, do rock á canción de amor, do pop á musica tradicional, sen nunca deixar de ser fado.