Novas

Asset Publisher

Back O SNL programa un concerto de Pakolas este sábado en Mera

Pakolas presenta o seu novo disco este sábado 15 de abril, co espectáculo Cores, Contos e Rock´n´Roll coa Ramona pequena, acompañado polas ilustracións en directo de Laura Romero.

Este sábado 15 de abril, ás 18.30 h no Auditorio Gabriel García Márquez vai ter lugar o concerto Cores, Contos e Rock´n´Roll coa Ramona Pequena, un concerto de Pakolas acompañado polas ilustracións en directo de Laura Romero.

Pakolas presenta o seu novo disco a través dun espectáculo onde a interacción coas nenas e nenos, a súa música acompañada por contos e historias e as cores e debuxos en directo de Laura Romero son o principal atractivo para o público. Esta proposta multidisciplinar crea así unha escena na que non só se pode gozar da música, senón tamén do debuxo e as cores que a rodean. Un espectáculo para todos os sentidos.

As persoas interesadas en asistir poden inscribirse a partir do 11 de abril, ás 10.00 h a través do seguinte enlace: https://forms.gle/fqMzJnwn6cpepWc86. Terán preferencia as persoas pertencentes ao proxecto Apego os dous primeiros días de inscrición.

back link