Noticias

Noticias

Atrás O SNL do Concello organiza o II Premio Literario Descubrindo Oleiros

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros convoca o II Premio Literario Descubrindo Oleiros, unha proposta que busca poñer en común promover a lingua e dar a coñecer o municipio.
 
Este premio está orientado a todos os rapaces e rapazas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e de ESO empadroados/as no Concello de Oleiros, establecéndose catro categorías, unha por cada ciclo.

Os relatos estarán ambientados en Oleiros, escritos en lingua galega e terán que presentarse do 1 ao 30 de novembro de 2015. Os espazos do municipio poden aparecer en fotografías, imaxes, debuxos ou simplemente aparecer citados. Os premios van en relación coa imaxe e a lectura, nas categorías 1 e 2 o premio será unha cámara de fotos, para que os nenos e nenas fotografen os lugares que máis lles gusten do Concello, e para o alumnado de ESO o premio será un lector de libros electrónicos.
 
As persoas que estean interesadas en participar poderán consultar as bases a través do seguinte enlace ou poñerse en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros (A Fábrica, rúa do Inglés, nº 13, 15172, Perillo, Oleiros, Tel.: 981 610 000, l.filloy@oleiros.org).

Bases do II Premio Literario Descubrindo Oleiros