Noticias

Noticias

Atrás O SNL convoca o VIII Premio Literario Descubrindo Oleiros

 

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros convoca o VIII Premio Literario Descubrindo Oleiros, unha proposta que busca promover o uso da lingua galega e dar a coñecer o municipio. Este premio está orientado a todos os rapaces e rapazas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, de ESO e de bacharelato, para mozos e mozas de 16 e 17 anos e persoas adultas empadroados/as ou escolarizados/as no Concello de Oleiros establecéndose seis categorías.
Os relatos estarán ambientados en Oleiros e escritos en lingua galega. Os espazos do municipio poden aparecer en fotografías, imaxes, debuxos ou simplemente aparecer citados. Os premios que se concederán serán vales para comprar en diferentes comercios de Oleiros produtos que animen á lectura e fomenten a creatividade.
O prazo de presentación comezará ao día seguinte da publicación no BOP.
As persoas que estean interesadas en participar poderán consultar as bases no enlace habilitado ou poñerse en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros (A Fábrica, rúa do Inglés, nº 13, 15172, Perillo, Oleiros) por vía telefónica (981 610 000) ou por correo electrónico (lingua@oleiros.org).
Bases do VIII Premio Literario Descubrindo Oleiros

Folla de inscrición

Convocatoria no BOP