Oleiros, 6 de abril de 2011-. Convócanse cursos de linguaxe administrativa para o persoal da administración local, de nivel medio e de nivel superior. Os cursos de nivel medio serán de teleformación e realizaranse do 5 de setembro ao 11 de novembro, mentres que os de nivel superior serán presenciais e desenvolverase un na Coruña desde o 25 de abril ata o 17 xuño de 17.00 a 19.00 horas.
No DOG do 6 de abril de 2011 podedes consultar a convocatoria de cursos de linguaxe administrativa galega para o persoal das administracións locais, organizados pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Consulta aquí a convocatoria.
As persoas interesadas poderán inscribirse ata o 13 de abril, a través da páxina da EGAP no apartado de matrícula.