Asset Publisher

Back Concerto infantil o sábado na Fábrica

 Oleiros, 16 de marzo de 2023-. O Servizo de Normalización Lingüística do Concello organizou, dentro da programación do Apego, a obra musical Coliño, da compañía A Xanela do Maxín para o vindeiro sábado 18 de marzo na Fábrica. Programáronse dúas sesións, unha ás 17.00 h e outra ás 18.00 h, deste espectáculo que está destinado para familias con nenas e nenos de 0 a 3 anos. 

 
Coliño é unha obra musical e sensorial dirixida á primeira infancia e ás súas familias, na que as crianzas poden estimular os sentidos e as emocións. A través de sons, luces, cores e unha coidada posta en escena foméntase o apego coas familias nun espazo de protección e calma xunto con estímulos que fan que descubran o mundo que as rodea.
 
As familias interesadas en asistir poden inscribirse a través dos seguintes enlaces:
 
 

 
back link