Asset Publisher

Back COMEZA O CURSO DE LINGUA GALEGA NO CONCELLO


•  O Celga 3 impartirase no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo, de luns a xoves, de 19.30 a 22.00 horas

 
Oleiros, 5 de abril de 2011.– O Concello de Oleiros comeza este mércores, día 6 de abril, o curso de lingua galega Celga 3, no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo. O horario deste curso será de luns a xoves, de 19.30 a 22.00 horas. Nel 25 persoas poderán formarse tanto de forma oral, como de forma escrita para nun futuro poder acceder a novos postos de traballo.

Estes cursos son preparatorios para o exame para acadar a Certificación de lingua galega no nivel 3 de competencia.