Noticias

Noticias

Atrás As familias poderán gozar este domingo na Fábrica con Que animaliño é?

 

 

Este domingo, 20 de febreiro ás 12.00 h, chega á Fábrica Que animaliño é?, de Trémola Teatro. Unha obra para bebés organizada desde o Servizo de Normalización Lingüística que fará gozar, coñecer e recoñecer as cousas que ven ao seu redor. A través de diferentes elementos sensoriais (bolas de la, burbullas de xabón, instrumentos, sons...) os máis pequenos da casa gozarán desta emocionante aventura.
A obra está recomendada para nenos e nenas de 6 meses a 4 anos. As familias interesadas en acudir poderán inscribirse desde as 10.00 h do día 14 de febreiro a través do seguinte enlace: https://forms.gle/5qUg23eQkHS54EjV7. Os dous primeiros días de inscrición terán preferencia as familias inscritas no Apego.