MEDIDAS DE MINIMIZACIÓN DO RISCO DE CONTAXIO DO CORONAVIRUS COVID-19
A ampliación e/ou modificación deste peche estará en función da evolución da actual situación sanitaria e dos acordos do comité de seguimento da evolución do COVID-19.
O persoal atenderá o teléfono e o correo electrónico nos horarios das respectivas bibliotecas.
As actividades programadas durante este período quedan temporalmente suspendidas, aprazando a celebración das mesmas sempre que sexa posible.
O servizo de renovación de documentos poderá facerse a través do teléfono e o correo electrónico no horario das respectivas bibliotecas, así como a través de internet coas claves de acceso do catálogo en liña catalogo-rbgalicia.xunta.gal
A devolución e a reserva de documentos quedarán pospostas ata a reapertura dos centros. De todas formas, excepcionalmente non se aplicarán sancións por retrasos na devolución.
Lembramos que as persoas socias das Bibliotecas Municipais de Oleiros poden acceder gratuitamente a GaliciaLe, a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas. En GaliciaLe as-os lectoras-es atoparán dous catálogos: un que contén o “Catálogo galego” e outro que aloxa o “Catálogo en castelán”. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademáis, desde un lector de libro electrónico.
Para calquera dúbida ou aclaración pode dirixirse por correo electrónico ou teléfono á biblioteca correspondente no horario establecido.
Correo electrónico da Biblioteca Central Rialeda: biblioteca.rialeda@oleiros.org