Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Bibliotecas  
Bibliotecas » Información » Solicitar carné

Solicitar carné

O carné é válido para todas as bibliotecas de Oleiros e obtense de xeito totalmente gratuíto.

É imprescindible dispoñer del para utilizar os servizos de préstamo e os ordenadores das bibliotecas, así como para participar en determinadas actividades como as tertulias literarias para mozos/as e  persoas adultas.

Pode solicitarse en calquera das bibliotecas: só hai que cubrir un impreso que proporcionan en cada  unha delas ou que se pode descargar da nosa web e entregalo xunto cunha fotocopia do DNI, NIE, ou pasaporte.

Para os/as menores de idade precísase a autorización do pai, nai ou titor/a legal do/da menor.

Descargar o impreso: Anverso (PDF - 1,414.9 KB) - Reverso (PDF - 1,179.0 KB)

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza