BPM e Centro de Documentación da Muller Rosalía de Castro

Asset Publisher

Back "As damas da escena", mostra bibliográfica na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)

Nesta mostra recollénse as obras presentes de María Casares na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) e que abranguen a súa traxectoria, tanto vital como “dama da escena” aclamada no mundo enteiro.
O 21 de novembro de 1922, nacía na casa familiar da Rúa Panaderas da Coruña esta nena que tivo que saír exiliada a Francia con motivo da guerra fraticida que asolou o noso país.
Ademáis da obra relacionada directamente coa súa carreira dramática, recollemos tamén a obra doutras escritoras ou actrices españolas que fixeron da escena a súa vida, desde María de Zayas Sotomayor ata María Pujalte, actriz galega. Esta expo está dirixida ás-aos usuarias-os adultas-os que visiten a biblioteca durante o mes de novembro.