Asset Publisher

Back Ler conta moito e actividades infantís: setembro - decembro 2016

/documents/39407/55553/DLFE-24837.pdf/a1d12116-36cd-1715-ffb7-5d3d9156dd33 /documents/39407/55553/DLFE-24836.pdf/22120b59-5010-4933-9190-2bd482a13b02A partir de 21 de setembro nas Bibliotecas Municipais de Oleiros realizaranse 45 actividades de promoción da lectura dirixidas a nenas e nenos desde 1 a 12 anos. Levaranse a cabo nas sete bibliotecas municipais e serán actividades moi diversas. Desde os tradicionais contacontos até obradoiros de encadernación de libros, ilustración, cantacontos, creación de fósiles de dinosauros, etc.

Participarán Soledad Felloza, Maumarela, Juste Kamishibai papel e teatro, Os Quinquilláns, Crearte Servizos Culturais, Pablo Díaz, OQO, Luís Vallecillo, Xulio Varela, Elefante Elegante, Teatro de Marionetas Trécola, A Illa d@s Nen@s, Chío Couto, Efervesciencia, Vicente Mohedano, Mirari Urruzola, Sonia Ojea, Charo Pita e a Compañía Trinke-Trinke cos “Ratos da biblioteca”. Estas actividades de animación á lectura realizaranse de forma lúdica, activa e participativa, fomentando a imaxinación e a creatividade.

Algúns destes actos están incluídos no programahttp://rbgalicia.xunta.es/ler-conta-moito/da Rede de Bibliotecas de Galicia