Tertulias literarias

Tertulias literarias

Nesta actividade realízase o comentario de obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.

O principal obxectivo desta actividade é animar a ler  e a gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación, de maneira que compartindo ideas e eflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.

Preténdese ir descubrindo a maneira de escribir de cada autor ou autora, os distintos estilos, o tipo de linguaxe que utilizan e analizar os textos escritos, os procedementos e as características máis importantes de cada obra. A actividade complétase con encontros con escritoras e escritores.

Tes máis información:

  • Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo. Tel.: 981 639 511
  • Na Biblioteca Pública Municipal ”Rosalía de Castro" de Santa Cruz. Tel.: 981 626 338
  • No Teléfono do Veciño: 981 610 000  
 

Asset Publisher

Back Tertulia literaria en Rialeda: 12 de xuño (Grupo A) sesión final

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Atención, cambio de hora: 18 a 20 h.



Comentario da obra "Ilustrísima" de Carlos Casares
Documentación
Obras de Carlos Casares nas nosas bibliotecas.

Nesta sesión contaremos coa presenza da profesora e catedrática de lingua e literatura galega Rosa García Vilariño.

Con esta sesión remata a tempada 2012-2013 no grupo A das Tertulias Literarias.
Damos as grazas a todas as persoas que participaron neste grupo ao longo destos 9 meses.

A actividade regresará novamente no mes de outubro.