"Cama e conto", texto de Gonzalo Moure. Ilustracións de Lucía Serrano, traducido por Fran Alonso. En Xerais.
Cama e conto narra a historia de Malva, unha nena moi esperta e chea de imaxinación que devece porque chegue o momento do día en que a súa nai lle lea un conto antes de durmir. Con cada historia, Malva, é quen de imaxinar mundos de maxia e fantasía onde todo é posible. O momento en que a súa nai lle di: “Malva, cama e conto” supoñía para ela o mellor instante do día. Pero Malva faise maior. Cando cumpríu os seis anos as cousas cambiaron e xa non houbo “cama e conto". Desde entón, a nai de Malva cre que ela xa pode ler os contos soa, o que a rapaza lle pareceu unha traizón. Mais Malva tivo unha gran idea para mudar a súa vida. Unha idea estupenda, que fará pensar a calquera nai ou pai con fillas-os nesas idades en que queremos que collan autonomía e fagan cousas por elas-es soas-sós.
- Mozas-os e adultas-os:
"Alguien" de Alice McDermott, editado por Libros del Asteroide.
MacDermott narra a vida de Marie Commeford, unha nena de nai e pai irlandeses que observa atenta todo canto acontece tras os cristais dos seus lentes.
A narración vai seguindo as lembranzas aparentemente dispersas e desordenadas de Marie: a súa peculiar infancia, o seu despertar sexual, a súa primeira ruptura amorosa que a levará ao seu primeiro traballo, a relación co seu irmán solteiro, a maternidade, os cambios que acontecen no barrio, naquel Brooklyn, uns anos antes da Gran Depresión.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.