Leer para saber

Ler para saber

Charlas científicas e obradoiros dirixidos a nenas e nenos a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Son charlas divulgativas que permiten concretar conceptos e ideas básicas e solucionar dúbidas a todas aquelas persoas que desexen compartir a curiosidade e o interese polos temas da ciencia.

OBXECTIVOS:

  • Achegar a ciencia aos nenos/as, adolescentes e público en xeral.
  • Ampliar o coñecemento de diversos temas científicos de importancia na vida diaria.
  • Fomentar o coñecemento específico dunha materia determinada.
  • Dinamizar os fondos bibliográficos de coñecementos.
  • Promover a lectura de libros e a visión de audiovisuais relacionados coa temática das diferentes charlas.
  • Atraer á biblioteca a un público interesado por estes temas.

TEMPORALIZACIÓN E REALIZACIÓN:

Realízase na Biblioteca Central Rialeda, principalmente nos meses de febreiro ata finais de maio, os venres ás 18.30 horas.

DESTINATARIOS:

Nenas e nenos a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Asset Publisher

Back Ler para saber

/documents/39407/55553/DLFE-29418.pdf/236f0fab-5156-444e-f575-07ba6b950dea

Realizamos unha nova programación de “Ler para saber: charlas de divulgación científica” para os meses de febreiro a maio. Son cinco charlas sobre temas científicos dirixidas a nenas e nenos (a partir de 10 anos de idade), adolescentes e público en xeral, que terán lugar na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) os venres 22 de febreiro, 15 e 22 de marzo, 26 de abril e 10 de maio.
Os obxectivos que se pretenden conseguir son achegar a ciencia a todas as persoas, ampliar os coñecementos sobre temas científicos de importancia na vida diaria, fomentar o coñecemento específico dunha materia determinada, dinamizar os fondos bibliográficos sobre estes temas, atraer á biblioteca a un público interesado pola ciencia e, en definitiva,  fomentar  a lectura e a consulta de libros que traten estas temáticas.
Programáronse charlas ou obradoiros sobre aspectos diferentes para atraer a un público de gustos diversos e variados:
 

-> 22 de febreiro
 “Alimentación saudable na idade escolar” por Carolina Mosquera, nutricionista.
Seleccionamos para ti títulos relacionados con este tema. Preme na ligazón.
-> 15 de marzo
“Unha solución para o noso planeta: as bacterias que “comen” plásticos” por Dimas López, estudante de grado en Bioloxía e membro de UDCiencia d+i.
-> 22 de marzo
“Imos experimentar” por Francisco Armesto, biólogo e director técnico de proxectos dos Museos Científicos Coruñeses (=mc2).
-> 26 de abril
“Mar de plásticos” por Francisco Franco del Amo, biólogo e director técnico do Aquarium Finisterrae dos Museos Científicos Coruñeses (=mc2).
-> 10 de maio
 “Aves da Ría do Burgo” por Antonio Patiño, fotógrafo.

Desde a Biblioteca Central Rialeda invítase a todas as persoas que desexen asistir.