Leer para saber

Ler para saber

Charlas científicas e obradoiros dirixidos a nenas e nenos a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Son charlas divulgativas que permiten concretar conceptos e ideas básicas e solucionar dúbidas a todas aquelas persoas que desexen compartir a curiosidade e o interese polos temas da ciencia.

OBXECTIVOS:

  • Achegar a ciencia aos nenos/as, adolescentes e público en xeral.
  • Ampliar o coñecemento de diversos temas científicos de importancia na vida diaria.
  • Fomentar o coñecemento específico dunha materia determinada.
  • Dinamizar os fondos bibliográficos de coñecementos.
  • Promover a lectura de libros e a visión de audiovisuais relacionados coa temática das diferentes charlas.
  • Atraer á biblioteca a un público interesado por estes temas.

TEMPORALIZACIÓN E REALIZACIÓN:

Realízase na Biblioteca Central Rialeda, principalmente nos meses de febreiro ata finais de maio, os venres ás 18.30 horas.

DESTINATARIOS:

Nenas e nenos a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Asset Publisher

Back Ler para saber A CIENCIA: 2 de marzo

Esperámoste na Biblioteca Central Rialeda (2º andar), o venres 2 de marzo ás 18:30, para participar nesta actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.
Primeiramente, Ana Varela Ortega, alumna de 1º de ESO do IES Miraflores de Oleiros e Daniel Sánchez, alumno de 1º de ESO do IES Neira Vilas de Perillo, realizarán unha breve presentación sobre “O espazo”.
 
A continuación terá lugar a conferencia do arqueólogo Antón Fernández Malde, director da equipa de investigación do Castro das Travesas, que falará nesta charla científica de “Petróglifos de Pena Furada”.
 
Despois de dúas décadas do achádego de A Moura, a enigmática figura feminina presente no xacemento da Pena Furada, o arqueólogo Antón Malde vainos pór ao día das últimas investigacións deste singularísimo emprazamento: a particular incidencia da luz solar neste conxunto arqueolóxico e o seu simbolismo, así como a concepción arquitectónica e o proceso construtivo deste castro, dotan a este lugar dunha especial relevancia. Tamén o fan peculiar, a implicación social e cidadá do entorno que Malde e a súa equipa perseguen con este proxecto, así como de toda a sociedade a través da Internet.
 
 Seleccionamos para ti libros e web para esta charla científica.