Leer para saber

Ler para saber

Charlas científicas e obradoiros dirixidos a nenas e nenos a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Son charlas divulgativas que permiten concretar conceptos e ideas básicas e solucionar dúbidas a todas aquelas persoas que desexen compartir a curiosidade e o interese polos temas da ciencia.

OBXECTIVOS:

  • Achegar a ciencia aos nenos/as, adolescentes e público en xeral.
  • Ampliar o coñecemento de diversos temas científicos de importancia na vida diaria.
  • Fomentar o coñecemento específico dunha materia determinada.
  • Dinamizar os fondos bibliográficos de coñecementos.
  • Promover a lectura de libros e a visión de audiovisuais relacionados coa temática das diferentes charlas.
  • Atraer á biblioteca a un público interesado por estes temas.

TEMPORALIZACIÓN E REALIZACIÓN:

Realízase na Biblioteca Central Rialeda, principalmente nos meses de febreiro ata finais de maio, os venres ás 18.30 horas.

DESTINATARIOS:

Nenas e nenos a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Asset Publisher

Back Ler para saber A CIENCIA: 13 de abril


 
                  AVISO IMPORTANTE!!!

 
A charla científica titulada “Que noxo de ciencia!" prevista para hoxe venres 13 de abril na Biblioteca Central Rialeda ás 18:30, que ía ser impartida por Francisco Doménech Casteleiro, químico e responsable da páxina web dos Museos Científicos Coruñeses (mc2), ten que ser SUSPENDIDA por causas alleas á Biblioteca Central Rialeda.

 

 
Desculpen as molestias.