Homenaxes e conmemoracións

Homenaxes e conmemoracións

  • Día Internacional da Muller Traballadora (8 de marzo)
  • Día Internacional do Libro (23 abril)
  • Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (2 abril)
  • Día das Letras Galegas (17 maio)

e outras datas de interese.

Asset Publisher

Back Roteiro cultural e literario 2018: 5 e 6 de xuño

/documents/39407/55553/DLFE-28209.pdf/d91f1cfa-d745-f03f-94aa-bd49c4fe1351O Roteiro Cultural e Literario 2018 está dedicado ao pintor e escultor José María Kaydeda, á escritora Anisia Miranda e ao arquitecto e pintor Antonio Tenreiro Brochón. É unha actividade organizada entre o Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais, o Servizo de Normalización Lingüística, o IES Miraflores e o IESP Neira Vilas. Terá lugar os días 5 e 6 de xuño e participarán uns 250 alumnos/as dos centros de ensino público deste concello, de 6º de primaria, 3º de ESO e 1º de bacharelato.

A todos/as os/as participantes se lles repartirá un folleto, no que o texto foi realizado por alumnado de 1º de bacharelato do IES Miraflores e de 3º de ESO do IES Neira Vilas, baixo a coordinación das profesoras e profesores: Rosa García Vilariño, Antonio Porto Sánchez e Inma Otero Varela. Os obxectivos que se pretenden conseguir son: Dar a coñecer diferentes persoas ilustres que viviron, veranearon ou tiveron relación co no noso municipio, mellorar o coñecemento de patrimonio e espazos do termo municipal de Oleiros e promover a lectura.

/documents/39407/55553/DLFE-28209.pdf/d91f1cfa-d745-f03f-94aa-bd49c4fe1351Comezaremos nas Torres de Santa Cruz, onde se presentará o pintor e escultor José María Kaydeda por parte de alumnado do IES Miraflores e posteriormente visitarase o Museo dos Oleiros. Despois trasladarémonos ao parque José Martí onde se realizará a presentación da escritora Anisia Miranda por alumnado do Instituto Neira Vilas. Na Fábrica asistirase á actuación musical de Roi Casal, autor do disco “Son galego, son cubano” que pon música ás letras de Xosé Neira Vilas. Finalizaremos na Casa Charry de Oleiros onde se presentará o pintor e arquitecto Antonio Tenreiro Brochón por alumnado do Instituto Miraflores. Poderá verse unha mostra de diversos cadros deste pintor, prestados gratuitamente para esta actividade pola viúva do autor, baixo a explicación do arqueólogo, museólogo e técnico de xestión cultural Felipe-Senén.