Marilar Aleixandre foi recoñecida co
Premio Nacional de Narrativa 2022 do
Ministerio de Cultura y Deporte por
"As malas mulleres".
Narradora, poeta, traductora, Marilar Aleixandre usa o galego como lingua literaria e afirma que ten a lingua partida, pero que non todos os bichos con lingua bífida son perversos. En canto aos libros, di que no fondo son mensaxes escritas con tinta, chuspe ou sangue que guindamos ao baleiro coa esperanza de que alguén os reciba. Afeccionada a recoller palabras descarreiradas, gárdaas entre as liñas de relatos ou poemas. Desde 2017 na Real Academia Galega, cun
discurso sobre
Voces termando da paisaxe galega. Vive en Santiago de Compostela onde escribe e investiga na argumentación e Didáctica da bioloxía. Algúns temas recorrentes nos seus libros son as traizóns, sobre todo as traizóns a un mesmo, a unha mesma e as tortuosas relacións familiares.
Clica na
ligazón e comproba a dispoñibilidade das obras de Marilar Aleixandre nas bibliotecas de Oleiros.
Parabéns, Marilar!!!