Homenaxes e conmemoracións

Homenaxes e conmemoracións

  • Día Internacional da Muller Traballadora (8 de marzo)
  • Día Internacional do Libro (23 abril)
  • Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (2 abril)
  • Día das Letras Galegas (17 maio)

e outras datas de interese.

Asset Publisher

Back Maio(s) do 68

https://photos.app.goo.gl/KY9Cp75i4zGtg17Y2

O maio do 68 implicou moitos cambios: decisivo para a transformación da Francia contemporánea; explosión de carácter internacional: Praga, México, Pekín, Berkeley, Berlín, Madrid, Santiago de Compostela... conxunción de crise universitaria e crise obreira, revolución transmitida en directo. Non foi un, se non moitos "maios", supuxo a presenza da palabra nas rúas, prazas, bares. Foi un maio lúdico, social, no que as-os xoves convírtense de vez en categoría política.
O 68 cuestiona a guerra, o autoritarismo, a concepción clásica da familia, a universidade atrofiada…. Fala de liberación sexual, de novos movementos sociais, de cambios na esquerda…
Como se podía ler nunha pintada na parisina Rue Rotrou, "A poesía está na rúa", e desde o 68 o mundo cambiou o paso e agromaron outros xeitos de concebir as relacións entre as persoas, individual e colectivamente.

Celebra o 50 aniversario do maio do 68 visitando a expo bibliográfica no vestíbulo da Biblioteca Central Rialeda que se completará, proximamente cunha mostra de cd e dvd.