Homenaxes e conmemoracións

Homenaxes e conmemoracións

  • Día Internacional da Muller Traballadora (8 de marzo)
  • Día Internacional do Libro (23 abril)
  • Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (2 abril)
  • Día das Letras Galegas (17 maio)

e outras datas de interese.

Asset Publisher

Back Letras Galegas 2011: Lois Pereiro "Deixa un bico no espello"

Cartel Letras Galegas 2011 Actividades programadas nas Bibliotecas de Oleiros, para conmemorar o Día das Letras Galegas, adicado este ano 2011 ao poeta monfortino Lois Pereiro:

Na Biblioteca "Ánxel Fole" de Nós, celebraremos as seguintes actividades:

  • - Exposición bibliográfica e informativa
  • Do día 11 ao 31 de maio, faráse unha exposición de todo o materiaactividades biblioteca santal dispoñible na biblioteca sobre o autor homenaxeado e de toda a documentación recopilada pola bilbioteca da súa vida e obra.
  • - Xoga coas nosas letras
  • Durante eses días, a biblioteca ofrecerá unha serie de actividades lúdicas baseadas na vida e obra de Lois Pereiro coas que os rapaces poderán colorear, debuxar, recortar, pegar e pasar o tempo da maneira máis divertida mentres coñecen un pouco mellor ao poeta.

Na Biblioteca "Xograr Mendiño" de Lorbé:

Na Biblioteca "Mª José Trincado" de Mera:

  • - Mostra bibliográfica e paneis informativos:

    Exposición de todos os fondos bibliográficos dispoñibles relacionados con Lois Pereiro. Inclúese unha biografía documental con algúns dos momentos máis destacables da traxectoria persoal e profesional do autor.

  • - Marcapáxinas do Día das Letras Galegas:

    Na semana do 16 ó 20 de maio repartiremos entre as/os nosas/os usuarias/os marcapáxinas conmemorativos do Día das Letras Galegas. O reverso dos marcapáxinas é unha invitación para escribir uns versos á persoa amada, a un amigo, a un familiar....

Na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz:

  • - Mostra bibliográfica
  • - Tríptico sobre do autor “Coñecemos a.... Lois Pereiro. Letras Galegas 2011”
  • - Resolvendo variados pasatempos baseados na vida e obra de Lois Pereiro os/as nenos/as coñecen o autor homenaxeado este ano.